Mapa web | Aviso legal | Accesibilidade
Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) con financiamento da Cooperación Galega. Será no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar Domingo 28 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Este ano tocalles ás mulleres e homes de Rois face-lo magosto. No que fora a antiga escola unitaria, que hoxe é o local social de Liñares, as oito comezaremos a asar as castañas, ooc consumidores e consumidoras e quen se quera achegar xunto cos labregos e labregas,xuntaremonos para compartir esta festa.
Xa como Asociación de labregos e labregas "LENTURA", o proxecto Amorodo foi obxecto dunha reportaxe polo programa da TVG Labranza, unha achega a unha experiencia de producir e consumir alimentos sans no ámbito local.
