Amorodo


Portada | Mapa web | Aviso legal | Accesibilidade



Noticias

Castañas asadas e viño con mel e a miña señora detras do tonel

O venres, no local social de Liñares, en Rois faremos o magosto.

[04/11/2009] Este ano tocalles ás mulleres e homes de Rois face-lo magosto. No que fora a antiga escola unitaria, que hoxe é o local social de Liñares, as oito comezaremos a asar as castañas, ooc consumidores e consumidoras e quen se quera achegar xunto cos labregos e labregas,xuntaremonos para compartir esta festa.

O PROGRAMA LABRANZA DA TVG INTERESASE POLO PROXECTO AMORODO

O domingo 1 de novembro emitiuse unha reportaxe sobre a nosa iniciativa

[03/11/2009] Xa como Asociación de labregos e labregas "LENTURA", o proxecto Amorodo foi obxecto dunha reportaxe polo programa da TVG Labranza, unha achega a unha experiencia de producir e consumir alimentos sans no ámbito local.

Festa do medio ambiente en Brión

O proxecto Amorodo, participa como en anos anteriores no día do medio ambiente

[03/06/2009] Achegadevos á Biblioteca Municipal de Brión, na Carballeira de Santa Minia, o venres polo sérán xa que están programadas actividades entre a que está unha interesante charla-proxección de aves da Maia, ou a entrega de premio de fotografía ambiental. O proxecto Amorodo aportará os produtos que se degustarán ao remate das actividades.

HOXE E O SAN CIDRE EN ROIS

No campo da festa de Rois, estará o posto do proxecto amorodo, apoiando a feira do produto caseiro

[15/05/2009] Neste terceiro ano, achegamonos á Festa de Rois, coa idea de amosar o valor das feiras e dos mercados tradicionais e da importancia de reivindicalos como parte do noso patrimonio cultural e social.

CICLOS DE CULTIVO

Atención labreg@s: Sementeiros e pedidos de planta en Outubro

[10/10/2008] Durante este mes teremos que estar pendentes de buscar un espazo nas nosas hortas para realizar os sementeiros de PORROS E CEBOLETAS que apañaremos na primavera.
No mes de Novembro comezarase coa sementeira de CHÍCHAROS, TIRABEQUES E FABA LOBA , se a realizamos neste intre, en non en Febreiro- Marzal, as plantiñas desenrolarán mellor as raíces, estando máis sanas e fortes, producíndose a finais do inverno un crecimento vexetativo e unha fructificación correctas.
Tamén, se tendes pensado comezar ou incrementar o cultivo de AMORODOS e ESPÁRRAGOS , estamos no intre de realizar os pedidos. Poñédevos en contacto con nós para máis información.
Lembrade os ciclos de fructificación das variedades de amorodo polas que apostamos este ano, na época forte de consumo (Abril, Maio), non deron o suficiente.
Recomendámosvos unha merca mínima de 400 plantas se vos queredes adicarv á comercialización.

Descripción das 2 variedades das que dispoñemos:

-Var. SELVA: Sen picos de producción, fructificación uniforme de Maio a Setembro.
-Var. DIAMANTE: Picos de producción en Abril e Xuño, sabor máis intenso do froito.

| 1 | 2 | 3 | Seguintes

Imprimir Enviar

Concello de Ames Concello de Rois Concello de Dodro Deputación da Coruña