Amorodo


Portada | Mapa web | Aviso legal | Accesibilidade



Fotografía de froitas e hortalizas procedentes da agricultura ecolóxica.

Por que fixemos este proxecto?

A creación de Amorodo parte da necesidade de atender ás persoas e á terra nun mundo rural que non recibe o coidado e posta en valor precisos.

Neste sentido, os produtos, os mercados e as economías locais deben ser potenciados mediante iniciativas de produción agraria sustentable que controlen o ritmo de crecemento, inxusto e insolidario, que prevalece e que achegarán beneficios en múltiples campos.

En definitiva, o desenvolvemento de Amorodo nace da atención a tres factores interrelacionados:

  • O factor social, a través da promoción e oferta de oportunidades de desenvolvemento económico e da mellora das condicións de vida e traballo nas zonas rurais, contribuíndo así a paralizar o seu continuo despoboamento.
  • O factor económico, mediante a valorización e potenciación das producións tradicionais e dos mercados locais como valores endóxenos do territorio e a diversificación do sector agrario.
  • O factor ambiental, co fomento de prácticas ambientais que contribúan á protección e conservación da biodiversidade e ao emprego sustentable dos recursos naturais.

Gráfica na que se sinalan os principais factores que levaron á posta en marcha do proxecto Amorodo

Imprimir Enviar

Concello de Ames Concello de Rois Concello de Dodro Deputación da Coruña