Amorodo


Portada | Mapa web | Aviso legal | Accesibilidade



Fotografía dunhas plantas de amorodo.

Fases do proxecto

Amorodo foi deseñado para desenvolverse con base en cinco fases de actuación que van permitir a creación dunha base estable e sólida para a consolidación dun proxecto sustentable no territorio, abranguendo os traballos de formación para a produción e para o consumo e os de promoción dos produtos, e tendo en conta tamén a análise dos resultados e os instrumentos e mecanismos complementarios da xestión transversal do programa.

Esas cinco fases de desenvolvemento de Amorodo contan con diferentes subfases e son as seguintes:

Fase A: Formación para a produción.


A.1. Detección de posibles beneficiarios interesados no proxecto.
  • A.1.1 Plan de difusión do proxecto a través do tecido asociativo e veciñal.
  • A.1.2 Plan de difusión a nivel parroquial (charlas, seminarios...).
  • A.1.3 Plan de difusión de ámbito supramunicipal.
  • A.1.4 Actividades de difusión e divulgación de proxectos en funcionamento.
  • A.1.5 Creación dunha plataforma virtual de difusión, formación e dinamización do proxecto.
A.2. Formación técnica dos beneficiarios integrados no proxecto.
  • A.2.1 Participación formativa e práctica en iniciativas labregas produtoras de alimentos con transferencia de experiencias produtivas e de comercialización.
  • A.2.2 Coñecemento de centros e experiencias labregas válidas para o proxecto.
A.3. Promoción e formación para a sustentabilidade do proxecto.
  • A.3.1. Accións de coñecemento de experiencias transnacionais que motiven a integración na filosofía da sustentabilidade do proxecto.
  • A.3.2. Programa de debate e discusión da viabilidade do proxecto.

Fase B: Formación para o consumo.


B.1. Accións de formación para o consumo na poboación en xeral.
  • B.1.1 Plan de difusión do programa enfocado cara ao consumo.
  • B.1.2 Plan de coñecemento de experiencias de consumo responsable, con base nas seguintes accións:
  1. Seminario promocional de consumo responsable
  2. Coñecemento de experiencias de comercialización e venda de alimentos e hostalería sa.
  • B.1.3 Plan de coñecemento e posta en común de experiencias entre consumidores e produtores.
B.2. Accións de formación e vinculación na promoción do consumo en sectores socioeconómicos específicos.
  • B.2.1 Divulgación do programa cara a sectores específicos (empresarios do sector da hostalería e da restauración, residencias da terceira idade, garderías, colexios...).
  • B.2.2 Coñecemento e difusión de experiencias de vinculación de sectores socioeconómicos a programas existentes.

Fase C: Promoción.

  • C.1. Publicidade de promoción e de persistencia.
  • C.2. Marca de calidade (creación dun anagrama, dunha imaxe corporativa e dunha marca propias) .
  • C.3. Control técnico.
  • C.4. Promoción e valorización do mercado local.

Fase D: Resultados.


D.1. Acompañamento e asesoramento dos proxectos produtivos.
  • D.1.1 Acompañamento e asesoramento técnico.
  • D.1.2 Acompañamento e asesoramento económico-financeiro.
D.2. Edición e venda de manuais para a produción sustentable de alimentos.
D.3. Proxecto de recuperación e xestión de material vexetal autóctono.
  • D.3.1 Recuperación e xestión de material vexetal autóctono.
  • D.3.2 Clasificación e tipificación de material.
  • D.3.3 Reproducción de material detectado.
  • D.3.4 Difusión e xestión das variedades recuperadas.
D.4. Plataforma virtual de difusión e dinamización do proxecto.

Fase E: Instrumentos e mecanismos complementarios de xestión transversal do programa.

  • E.1. Seguimento e control do programa por parte da Escola Politécnica Superior de Lugo.
  • E.2. Determinación dunha bolsa social: transporte e cheques de atención social.
  • E.3. Bolsa de axuda á xeración de actividades (financiamento de emprendedores).
  • E.4. Asistencia técnica de xestión económico-financeira.

Imprimir Enviar

Concello de Ames Concello de Rois Concello de Dodro Deputación da Coruña