Programación dos cursos
TERÁ LUGAR A PARTIR DO 17 DE SETEMBRO
[17/09/2007] O 17 de setembro comeza no Centro Social Polivalente de Brión (Avenida de Santa Minia, número 46) un curso de introdución á agricultura ecolóxica. O temario abrangue todo o relativo a cultivos de horta e froiteiras, tanto para autoconsumo como para produción con fins comerciais. Terá unha duración de 20 horas.
NO PAZO DA PEREGRINA
[30/07/2007] Desde marzal a setembro deste ano desenvolveranse no pazo da Peregrina, en Bertamiráns, charlas formativas en materia de fruticultura impartidas por Francisco Otero Otero, produtor de maceiras para sidra e mesa.
PROGRAMA DE AGRICULTURA SOSTIBLE
[28/03/2007] Dentro do proxecto Amorodo desenvólvese a formación en agricultura sostible en horta, que se celebrará entre marzo e setembro deste ano.
Imprimir Enviar