Visitas
ECOCELTA, ADEGAS RUBIÓS, EXPLOTACIÓN DE MACEIRAS E HORTA BAIXO PLÁSTICO EN ECOLÓXICO
[20/10/2007] Coma "picota" final para o curso de fruticultura, que se ven impartindo durante todo o ano para labregos e labregas integrados no Proxecto Amorodo, planificouse esta saída para coñecer de primeira man as experiencias e maneiras de traballar de catro empresas vinculadas á fruticultura e horticultura no sul de Pontevedra.
24 E 25 DE MARZO
[23/03/2007] Durante os días 24 e 25 de marzo realizouse unha viaxe formativa á Escola Pedro Murias e ás explotacións de agricultura ecolóxica da Mariña luguesa. A directora da Escola, Rosa Novo, e o profesor, Xosé López, fixeron de guías e de mestres para os membros do Proxecto Amorodo que viaxaron á Mariña. Primeiro amosáronlles os campos de ensaio onde se están tratando de recuperar diversas variedades de froita autóctona. Despois ensináronlles e contáronlles como fan compós e como están traballando nos invernadoiros de ensaio de produtos de horta con sementes autóctonas. Ademais explicáronlles como xestionan a forraxe que empregan no mantemento do gando bovino. A granxa ten unha explotación de gando que está certificada polo Consello Galego Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia CRAEGA para a produción de leite e iogures ecolóxicos. Os "viaxeiros estudiosos" tiveron tamén a oportunidade de visitar as plantacións de framboesas, arandos, moras e outros pequenos froitos que se cultivan na granxa.
PORCO CELTA E GALIÑA PIÑEIRA
[16/09/2006] O 16 de setembro desprazámonos ata Valdoviño para visitar unha explotación de porco celta. Coñecimos o seu primeiro ano de experiencia, forman parte de ASOPORCEL, que se ocupa da venda dos porcos.
EXPLOTACIÓNS QUEIXEIRAS
[09/09/2006] Pola mañá coñecimos en Friol unha explotación de queixo de ovella. 3 anos de experiencia, fan queixo con leite cru. A venda faina en Lugo a tendas da capital. Na queixería tamén elaboraban leite de vaca da propia explotación.
Xa á tarde desprazámonos ata O Saviñao onde un matrimonio con 15 anos de experiencia se dedica á produción de queixos de cabra. Explotación de 100 cabras. Traballaba 9 ha de terreo. (50% carne, 50% queixo). Muxía 1 vez o día. Queixería propia na que traballaba a muller. Venda por cooperativa C.O.V.I.G.O. e tendas.
MARMELADAS E CONSERVAS VEXETAIS
[02/09/2006] Pola mañá visitamos Conservas Amieiro, en Cariño. Trátase dunha empresa familiar dedicada á elaboración de marmeladas e conservas vexetais. Utilizan productos o máis próximos que poden, non teñen selo de ecolóxico.
| 1
| 2
| 3
| Seguintes
Imprimir Enviar