Axudas
Axudas para a renovación do parque de maquinaria agrícola
Orde do 10 de maio de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para a renovación do parque de maquinaria agrícola da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2007 (DOG nº93, martes 15 de maio de 2007).
O
obxecto desta orde é a substitución das máquinas máis vellas, que deberán ir destinadas ao desmantelamento, por novos tractores e novas máquinas que, ao estaren equipadas con modernas tecnoloxías, mellorarán as condicións de traballo, terán unha maior eficiencia enerxética e producirán un menor impacto ambiental menor. Tamén se poderán destinar á adquisición de determinadas máquinas arrastradas (sementadoras directas, cisternas para xurros e esparexedoras de fertilizantes sólidos equipadas con dispositivo de localización...).
Ente outras finalidades, agardase que esta disposición garanta unha mellora nas condicións de vida de traballo dos agricultores, que ser reduza a contaminación por emisión de gases e a nivel sonoro e que se promova a utilización en común da maquinaria.
O
límite máximo do investimento subvencionable poderá chegar ata 120.000 euros no caso de que os beneficiarios sexan cooperativas agrarias, cooperativas de explotación comunitaria da terra, cooperativas de traballo asociado cuxa actividade principal sexa a agraria, SAT de fusión de explotacións agrarias e empresas de servizos agrarios, e ata 90.000 euros nos demais casos.
Os
beneficiarios destas axudas, ademais das persoas físicas e/ou xurídicas, poden ser tamén cooperativas agrarias, cooperativas de explotación comunitaria da terra, cooperativas de traballo asociado cuxa actividade principal sexa a agraria e as SAT, que adquiran un novo tractor ou máquina para a súa utilización en común, co desmantelamento dunha ou máis unidades de tractores ou máquinas automotrices antigas, cuxos titulares sexan as propias cooperativas ou ben os socios destas
Deberán achegar os estatutos, o documento de constitución e o certificado da súa inscrición rexistral.
O
prazo para a presentación de solicitudes para esta convocatoria é de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, que foi o
15 de maio de 2007.
Onde tramitar ou informarse: Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria
Subdirección Xeral de Produción Agraria Sustentable e Fomento Asociativo
Servizo de Fomento Asociativo Agrario
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela
Teléfono: 981540057 Fax: 981540018
Estado do trámite: Resolto
Imprimir Enviar