Amorodo


Portada | Mapa web | Aviso legal | Accesibilidade



Axudas

Axudas para a incorporación de mozos e a mellora da sustentabilidade das explotacións

Orde do 10 de maio de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, e se convocan para o ano 2007 (DOGA nº 94 do 16 de maio de 2007).

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2007 das seguintes liñas de axuda:
  • Realización de plans de mellora nas explotacións agrarias.
  • Primeira instalación de agricultores mozos ou mozas.

Os beneficiarios serán as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións ou que pretendan selo e que cumpran os requisitos recollidos nesta orde.

A contía máxima de axuda establecida para os plans de mellora vinculados aos préstamos poderá chegar ata:
  • O 45% do investimento, para bens inmobles, e o 25%, para bens mobles, nas zonas desfavorecidas incluídas nas listas a que fan referencia os incisos i) ii) e iii) da línea a) do artigo 36 do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005.
  • O 35%, para bens inmobles, e o 20%, para bens mobles, nas demais zonas.
  • No caso de agricultores ou agricultoras non profesionais, a axuda para bens inmobles reducirase un 10% e a de bens mobles un 5% con respecto ao indicado nos puntos anteriores

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria será de tres meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG (que foi o 6 de maio de 2007). Non obstante, para os casos de primeiras instalacións de mozos/as motivadas por cesamento anticipado na actividade agraria acollidos ás axudas do Real decreto 5/2001, ou por falecemento, xubilación ou invalidez do actual titular da explotación, o prazo permanecerá aberto ata o 30 de novembro.

Onde tramitar ou informarse: As solicitudes presentaranse, preferentemente, nas oficinas agrarias comarcais da Consellaría do Medio Rural:

Oficinas agrarias comarcais de Medio Rural na Coruña

Oficinas agrarias comarcais de Medio Rural en Lugo

Oficinas agrarias comarcais de Medio Rural en Ourense

Oficinas agrarias comarcais de Medio Rural en Pontevedra


Estado do trámite: En resolución

Documentos relacionados

Imprimir Enviar

Concello de Ames Concello de Rois Concello de Dodro Deputación da Coruña