Amorodo


Portada | Mapa web | Aviso legal | Accesibilidade



Axudas

Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios

Orde do 29 de decembro de 2006 pola que se establecen as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007. (DOGA nº 5 do luns 8 de xaneiro de 2007).

Os beneficiarios destas axudas, establecidas en réxime de concorrencia non competitiva, serán os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre e cando subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do plan 2007 e liñas gandeiras dos plans 2006 e 2007 e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde.

Tamén poderán ser beneficiarios os que subscriban, durante o ano 2007, seguros de liñas de cultivos agrícolas que lles dean cobertura ás colleitas que se leven a cabo no ano 2008.

A subscrición do seguro realizarase exclusivamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía e Facenda e incluídas na Agrupación Española de Entidades Aseguradoras de los Seguros Agrarios Combinados S.A. (Agroseguro) ou a través dos axentes de seguros autorizados de conformidade co previsto na Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados e demais normativa de desenvolvemento.

A contratación con estas entidades poderase realizar de forma individual ou ben de forma colectiva por medio de tomadores de seguros. Non obstante, soamente aqueles tomadores que se inscriban no Rexistro de Tomadores da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa), poderán percibir as subvencións públicas adicionais que por contratación colectiva se establezan.

Onde tramitar ou informarse: Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria

Subdirección Xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria

R/ dos Irmandiños s/n
Salgueiriños-15704 Santiago
Teléfono : 981 54 00 55
Fax : 981 54 00 18


Estado do trámite: En prazo de presentación

Imprimir Enviar

Concello de Ames Concello de Rois Concello de Dodro Deputación da Coruña