Amorodo


Portada | Mapa web | Aviso legal | Accesibilidade



Axudas

Axudas ao acceso das mulleres á cotitularidade de explotacións agrarias

Resolución do 13 de setembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas e subvencións para o acceso das mulleres á cotitularidade de explotacións agrarias como fórmula de integración laboral da muller e estímulo ás mulleres emprendedoras de Galicia, e se procede á súa convocatoria (Doga do 21 de setembro de 2007).

Con estas axudas, o Servizo Galego de Promoción da Igualdade, servizo ao que lle corresponde a adopción das medidas relacionadas con esta orde, quere apoiar ás mulleres labregas emprendedoras mediante a concesión dunha serie de axudas económicas para que se rexistren como cotitulares das súas explotacións e, deste xeito, acaden o recoñecemento oficial do traballo que están a realizar nas explotacións, ademais de reducir as inexactitudes estatísticas no que se refire aos datos sobre inactividade laboral das mulleres galegas.

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que rexerán a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva ás mulleres labregas galegas para facilitarlles o acceso á cotitularidade, ou titularidade compartida, das explotacións agrarias, das cales unicamente é titular un varón co que existe relación conxugal ou análoga, como medio axeitado para a posta en valor, o recoñecemento social e legal e a garantía de dereitos do traballo das mulleres nas explotacións agrarias.

En canto ao financiamento destas axudas , ás que se destinará un importe global de 432.000 euros que poderá incrementarse de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias, o 80% achégao o Fondo Social Europeo e o 20% o Servizo Galego de Igualdade.

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

  • As mulleres desempregadas que acceden á cotitularidade dunha explotación agraria e se anotan no Rexistro de Explotacións Agrarias da Consellería do Medio Rural e causan alta na Seguridade Social.
  • As mulleres que, en situación de alta na Seguridade Social, no réxime especial agrario por conta propia ou no de autónomas, acceden por primeira vez á cotitularidade da explotación agraria na que traballan e se anotan no Rexistro de Explotacións Agrarias da Consellería do Medio Rural.

  • A solicitude de inscrición das beneficiarias no rexistro será posterior ao 1 de xaneiro de 2006 e anterior á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Quedarán excluídas aquelas que obtiveran esta axuda con anterioridade.

    Estas axudas consistirán nunha prima , por unha soa vez por explotación e beneficiaria, de 2.000 â?¬ euros pola inscrición das solicitantes como cotitulares no Rexistro de Explotacións Agrarias da Consellería do Medio Rural. Esta subvención será compatible con outros programas elaborados polas administracións públicas, agás que se trate de subvencións do mesmo tipo, concepto e finalidade, tendo en conta que se trata dunha axuda sometida ao réxime de mínimos para o sector agrario polo que se observará o cumprimento do límite de axuda total de minimos establecido no regulamento de aplicación.

    No que respecta á tramitación das solicitudes, estas deberán presentarse no Rexistro do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, xunto coa documentación que se relaciona na convocatoria do DOGA.

    O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende o día 22 de setembro e pecharase o 20 de novembro de 2007. O de dictame da resolución rematará o 5 de decembro de 2007.

    Onde tramitar ou informarse: Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller
    Praza de Europa, 15A-2º.
    Polígono de Fontiñas
    15707 Santiago de Compostela
    Tel. 981 545 351


    Estado do trámite: En resolución

    Documentos relacionados

    Imprimir Enviar

Concello de Ames Concello de Rois Concello de Dodro Deputación da Coruña