Amorodo


Portada | Mapa web | Aviso legal | Accesibilidade



Axudas

Axudas ao financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal

Orde do 21 de setembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal, da Consellería do Medio Rural, e se convocan para 2007 (DOG nº 186 do 25 de setembro de 2007).

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas para a realización de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario e forestal para o período 2007-2013 e convocar estas axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, para o ano 2007.

Os beneficiarios destas axudas e outros axentes cooperantes deberan ter a condición de:
  • Beneficiarios das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases: consellos reguladores de denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, cooperativas agrarias e empresas ou industrias transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.
  • Terán a condición de axentes cooperantes nas accións propostas polos beneficiarios das axudas os seguintes:
    1. Produtores do sector agroforestal e as súas asociacións e outras organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria.
    2. Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación da Xunta de Galicia.
No tocante ás actividades subvencionables estas deberán adecuarse ás seguintes prioridades temáticas:
  • Iniciativas de cooperación que ofrezan saídas alternativas ou incrementen o valor engadido dos produtos agrarios e os seus transformados, acollidos ou susceptibles de acollerse aos diferentes distintivos de calidade diferenciada recoñecidos pola Administración galega.
  • Iniciativas de cooperación que ofrezan saídas alternativas ou incrementen o valor engadido dos produtos agrarios obtidos mediante sistemas de produción integrada ou ecolóxica e os seus transformados.
  • Iniciativas de cooperación que permitan introducir novos produtos, procesos ou tecnoloxías para o desenvolvemento de fontes renovables de enerxía de orixe agraria e forestal en Galicia.
A contía máxima subvencionada en cada proposta de cooperación será de 200.000 euros. Dita subvención pode chegar a cubrir o custo total da actividade e a contía concreta para cada caso determinarase en función dos criterios de avaliación e selección e das dispoñibilidades orzamentarias.

Estas axudas están financiadas con fondos Feader e fondos propios da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

As solicitudes deberán dirixirse ao conselleiro do Medio Rural e serán presentadas pola entidade coordinadora do proxecto, segundo o disposto no artigo 2º, número 1 desta orde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación no DOG.

Poderán ser presentadas nas dependencias da Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal, sitas en rúa As Fontiñas 31, baixo, 15703 Santiago de Compostela, teléfono 981 54 66 50, ou ben en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Onde tramitar ou informarse: Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal
Rúa As Fontiñas, 31, baixo
15703 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 546 650


Estado do trámite: En resolución

Documentos relacionados

Imprimir Enviar

Concello de Ames Concello de Rois Concello de Dodro Deputación da Coruña