Webs
Deseguido presentamos unha relación de ligazóns de interese para os usuarios do proxecto Amorodo, ordenadas tematicamente.
Sustentabilidade
- Federación Ecoloxista Galega
Agrupa a maioría das organizacións que traballan a prol do medio ambiente en Galicia e achega información sobre a súa loita ecoloxista. Notas de prensa, campañas, web do mes e o boletín cuadrimestral Terra en formato pdf con artigos variados.
- Federación para un novo desenvolvemento rural
Recursos del portal de la economía solidaria en el País Vasco, con datos de investigaciones y proyectos realizados por esta red de la comunidad vasca.
- A Vía Campesiña
Movemento internacional de loita polos campesiños e a economía sustentable. A súa completa web inclúe información sobre os eventos que celebran, novas (por rexións mundiais) e contén unha listaxe con conferencias impartidas por A Vía Campesiña.
- ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia
A asociación ambiental máis activa do país, ADEGA, mantén ese mesmo espírito de acción e denuncia na súa nova web.
- Baixo o asfalto está a horta!
Baixo este suxerente título atópase un colectivo dedicado á agroecoloxía. Ofrece noticias, ten un interesante fondo documental e un espazo de debate.
- Consultoría social Trans-formando
Espazo web desta consultora social no que se ofrece información sobre a mesma, sobre a súa traxectoria e datos de diferentes servizos e programas de formación relacionados coa economía solidaria.
- Federación de Cooperativas Sinerxia
Sinerxia é unha entidade do movemento cooperativo galego. Na súa web ofrece todo tipo de información corporativa, ademais de novidades, axenda e oferta de axudas relacionadas. Conta cun interesante directorio de cooperativas.
- Portal Sustentabilidade
Portal que aborda todos os aspectos de temática sustentable cun gran número de recursos divididos en función da dimensión social, económica, ambiental e institucional. Ofrece un interesante resumo da sustentabilidade en 5 minutos.
- Rede temática de agricultura ecolóxica
AGROECOMED é a rede catalana de agricultura ecolóxica, que na súa web inclúe datos das súas liñas de investigación, das actividades e publicacións que realiza e outro tipo de información corporativa.
Consumo responsable
- A cova da terra
Asociación luguesa dedicada á sensibilización e promoción de comercio xusto e solidariedade. A súa web conta cunha tenda de comercio xusto.
- Biocoop, Sociedade Cooperativa Galega
Versión en liña do manual técnico desta sociedade cooperativa de Verín.
- Consume ata morrer
A crítica directa do título mantense ao longo desta web de contrapublicidade e consumo xusto. Presenta unha longa biblioteca con artigos e "contranuncios", sempre dirixidos a fomentar unha actuación máis responsable.
- Consumo Solidario
Esta entidade catalana traballa por un comercio xusto e un consumo responsable. A súa web dispón dunha pequena tenda en liña e de numerosos recursos de consulta, noticias, etc.
- Daiqui, alimentos naturais de Galicia
Grupo de labregos da zona ourensá da Limia que practica a agricultura ecolóxica. Descrición ambiental do contorno e documentos relacionados: técnicas tradicionais de cultivo, transxénicos... Inclúe a súa oferta de productos e a lista de prezos, entre outras cousas.
- Xatogal, carne ecolóxica de Galicia
Web desta cooperativa de carne de tenreira ecolóxica galega, certificada polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. Agás a degustación online, ofrece todo tipo de datos e imaxes sobre os seus productos.
- ZOCAMIÑOCA
Zocamiñoca é unha cooperativa de consumo responsable na cidade da Coruña, aínda por constituír. Unha entidade sen ánimo de lucro, un proxecto de economía social no que as persoas somos o máis importante.
A base filosófica do proxecto pode definirse a través dunha serie de conceptos ou ideas que, dun xeito esquemático, enumeramos a continuación:
Consumo consciente-responsable.
Consciencia e responsabilidade, nun sentido amplo e vital.
Soberanía alimentar.
Ecoloxía social.
Economía social.
Dignificación do rural.
Relacións directas produtoras-consumidoras.
Relacións campo-cidade.
Xustiza social (incluída xustiza norte-sur).
Transformación social.
Agricultura ecolóxica
- Asociación Vida Sana
Esta entidade de utilidade pública presenta unha web corporativa na que recolle información sobre a biocultura e as diferentes variantes de agricultura biolóxica. Conta cun interesante apartado de "consellos do hortelano" e unha listaxe de establecementos recomendados.
- Agroterra
Mercado en liña de compravenda de productos do agro. Composto por unha ampla comunidade agraria, é unha boa oportunidade de negociar productos de calidade a bon prezo.
- Amigos da terra
ONG que loita pola defensa do medio ambiente. Traballa nos eidos de cambio climático e pola defensa do monte. Información das súas actividades e novas de intereses.
- Bioselección
Información sobre esta empresa de productos ecolóxicos e naturais. Carta de compromiso activo e tenda en liña para mercar os seus productos de alimentación, cosmética ou bazar.
- ComunicAcción
O lema desta web, "Comunicarse e actuar criticamente en Castela León" xa o di todo. Múltiples seccións tratan de concienciar e informar a todos os usuarios sobre temas ambientais, de liberdades, igualdade e ecoagricultura.
- Consellería de Medio Rural
Información do medio natural de Galicia. Planos e programas de educación ambiental. Actividades e lexislación relacionada. A páxina contén unha biblioteca e recomenda unha serie de ligazóns de interese.
- Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia
Este consello pertencente á Consellería de Agricultura permite acceder á lexislación e normativa agraria e gandeira e atopar as empresas e productos obtidos de xeito ecolóxico.
- Coordinadora de asociacións de agricultores e gandeiros
COAG é unha entidade que representa a agricultores e gandeiros de toda España e que ofrece na súa web formación, documentación e asesoramento sobre o sector, o medio ambiente ou aspectos xurídicos.
- Sindicato Labrego Galego
Web oficial deste sindicato agrario na que se recolle a información dos estatutos, novidades, taboleiro de anuncios, información sobre os seus congresos e estrutura e locais do Sindicato.
- Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica
Información, estatísticas, ligazóns, axenda, asesoramento, libraría ou lexislación son só algúns dos apartados que recolle a web deste organismo, que tamén inclúe numerosos datos corporativos.
- Tenda ecolóxica Equilibrio
Tenda en liña de productos ecolóxicos e naturais. A web analiza as vantaxes deste tipo de compras e do uso da tenda. Doado e sinxelo servizo de ventas.
- Terr@activa, festival das artes pola biodiversidade
Este festival das artes pola biodiversidade celébrase en Arzúa. A súa correspondencia na web inclúe a programación, cursos e obradoiros e datos sobre cada unha das seccións do festival.
- Unións Agrarias
Web deste sindicato agrario na que se ofrece información da organización, dos diferentes sectores que defende, axudas e outra serie de recursos de interese para gandeiros e agricultores.
- Vive a agricultura ecolóxica
Web promocional desta campaña elaborada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, na que se explica en que consiste a agricultura ecolóxica e cales son os seus beneficios.
Imprimir Enviar